top of page

"As Fabas Máxicas"

 Espectáculo de monicreques e actor para nenos a partir de 4 anos e familias.

 

 

Caramuxo Teatro  presenta unha nova versión do clásico popular .Un espectáculo contado en primeira persoa a través do teatro de actor e de monicreques.Xan vive agora nun pequeno apartamento dun dos edificios mais altos de Nova York.Coidando as plantas da súa terraza, descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras.

Unha proposta de lecer en familia para nenos a partir de 4 anos cunha coidada estética na que o humor, a emoción, e a poesía mistúranse para dar unha visión contemporánea do coñecido conto infantil.

bottom of page