"Pavillón Lino".Espectáculo para público familiar.

 Idade recomendada: a partir de 4 anos.

"Pavillón Lino" é a nova proposta escénica de Caramuxo teatro para toda a familia. Un espectáculo que nace para homenaxear o desaparecido “Pavillón Lino” da Coruña, espazo cultural de estética modernista adicado a todo tipo de actividades artísticas: teatro, cine, baile, monicreques, cómicos, autómatas...
Unha trepidante comedia de variedades cunha coidada posta en escena,na que desfilarán unha morea de pintorescos personaxes.