top of page

"Historia dunha semente"

 Un espectáculo de humor para nenos a partir de 3 anos e público familiar

¿Como é posible que algo tan pequeno se converta nalgo tan grande? "Historia dunha semente" é a historia dunha árbore, dunha maceira que enche de vida a pradeira.Galiñas que non poñen ovos, raposos con moita fame, unha mosca snamoradiza en busca dun moscón, unha nube e un sol moi peculiares e moita diversión. Unha fábula que reflexiona sobre a natureza e os cambios que se producen nela.

Espectáculo cómico de títeres de mesa e actores cheo de maxia , que introduce ós mais novos nun mundo fantástico e imaxinativo. 

¡Mais de 18000 espectadores xa gozaron do espectáculo!

 

Duración: 45 min. aproximadamente.

 

 

bottom of page