"ZAPATOS"
un espectáculo para bebés de 1 a 4 anos.

¿Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os dias chegan a un recuncho dun agochado xardín moreas de zapatos de tódolos tamaños e cores.Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ao lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde compartir emocións coas bellas bailarinas,con Pequecho e os seus irmásn, cós namorados, có Sol e a Nube e con centos e centos de compañeiros que teñen moito que contar."Zapatos" narra tódalas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.
Duración : 30 minutos.
Aforamento limitado a 100 espectadores.